"Xuntos nos coidados", curso de Afaber para coidadores/as de persoas con demencia neurodexenerativa
Do luns 22 de outubro ata o martes 30 de outubro do 2018 10.00 a 12.00 h. - Pazo da Cultura Participación veciñal
Como en anteriores anos, Afaber desenvolverá, grazas ao proxecto Xuntos nos coidados, impulsado pola Federación Alzhéimer Galicia e a Consellería de Política Social, unha acción formativa para familiares coidadores de persoas cunha demencia neurodexenerativa. Este ano será en Carballo, en concreto os días 22, 23, 29 e 30 de outubro, en horario de 10.00 a 12.00, no 2º andar do Pazo da Cultura.
A formación, totalmente gratuita para os asistentes, é de 8 horas de duración e cun número máximo de 25 participantes. Aínda quedan prazas libres.