Inicio Carballo ao día Axenda A Asociación Vieiro porá en marcha...

A Asociación Vieiro porá en marcha en novembro un novo curso da Escola de Pais e Nais

Do xoves 1 de novembro ata o venres 31 de maio do 2019 Pendentes de concretar Participación veciñal

A Asociación Antidroga Vieiro iniciará en novembro a súa Escola de Nais e Pais, que se prolongará ata maio. As sesións, de hora e media de duración, serán presenciais e celebraranse cada 15 días.

O programa está aberto a todos/as os/as pais/nais interesados/as e responsables familiares, co único requisito de que se forme un grupo mínimo de 15 persoas. Os días e as horas do curso acordaranse co profesional responsable de impartilo.

As persoas interesadas en participar nestas escolas poden anotarse no teléfono 981756161.

O obxecto da Escola de Pais e Nais é informar e formar ás familias para que poidan desempeñar con garantía o labor de educadores/as, sobre todo en temas relacionados coa educación persoal e social. Os contidos que se tratan son considerados de vital importancia para a educación dos fillos/as.

Estes son algunhas das materias que se abordarán:

  • Habilidades persoais e sociais
  • Disciplina positiva
  • Violencia
  • Condutas adictivas
  • Sexualidade
  • Os estudos
  • Comunicación familiar

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4