Inicio Carballo ao día Axenda A Rúa dos Contos despídese cun...

A Rúa dos Contos despídese cun concerto de Monoulious Dop

Sábado 13 de outubro do 2018 00:00 - Cervexaría Beos Cultura

A XX edición da Rúa dos Contos xa toca a súa fin. E que mellor festa de despedida que un concerto por todo o alto, protagonizado por unha das formacións musicais máis alternativas do momento. Monoulious Dop é unha banda de rock cun selo de identidade propio, ritmos pegadizos, graciosos, sorprendentes e con moita retranca.

No seu repertorio abundan as cancións de temática gastronómica, desamorosa e climatolóxica así como as parodias sobre os "temas do verán" e as baladas gastroamorosas, presentes nos seus espectáculos desde as súas orixes. 

Público: Todos os públicos
Entrada: De balde

Programación FIOT27

Compartir:


- 2018 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
24
25
26
27
28
29
30
31