Manoliño Nguema, de Guinea a Galicia
Sábado 29 de setembro do 2018 21:00 horas - Mercado Municipal Cultura
Este ano o Festival Internacional Outono de Teatro ofreceranos, dentro do ciclo da Rúa dos Contos, tres espléndidos e exclusivos espectáculos no 2º andar do Mercado Municipal. O primeiro chegará esta fin de semana cunha compañía internacional como convidada. Da man de Manoliño Nguema, presentarannos unha apaixoante e sorprendente historia real de ida e volta de Guinea a Santiago e á Cidade dos Muchachos.
Trátase dunha viaxe persoal e creativa, que nos levará, a través das cancións, o baile e a percusión de artistas guineanos, desde a Guinea postcolonial e a España dos anos 60 ata a actualidade de ambos países, para ir descubrindo, pouco a pouco, os vivos e, ata agora, pouco coñecidos lazos culturais entre ambas nacións.
Público: Todos os públicos
Entrada: 3 €
Proramación FIOT 2018