Como ser armario empotrado con Marcos Pereiro
Venres 28 de setembro do 2018 00:00 horas - Mesón do Pulpo Cultura
![](media/../media/img/marcos_pereiro.jpg)
Este venres temos sesión dobre de humor na Rúa dos Contos. Despois da actuación de Avelino González na cafetería Colón, Marcos Pereiro, un dos actores cómicos máis importantes de Galicia e cunha extensa traxectoria no eido audiivisual, ensinaránnos como chegar a ser armario empotrado nun monólogo que protagonizará en solitario e no que as risas estarán aseguradas de principio a fin.
Sinopse: Que estar en forma está de moda é un feito. E senon que llo pregunten a Marcos Pereiro, asiduo cliente dos mellores ximnasios: aqueles nos que hai toallas de balde para secar a suor, monitores con nomes de nivel e clientes da categoría de, por exemplo, Armario Empotrado, a quen Pereiro prestou especial atención durante meses, collendo recortes para poder contalos nos mellores escenarios de Galicia.
Público: Todos os públicos
Entrada: 5€
Programación FIOT 2018