Inicio Carballo ao día Axenda Pequenas historias subversivas para un...

Pequenas historias subversivas para un público diferente

Xoves 27 de setembro do 2018 19:30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

Sabía Xosé Neira Vilas que cando escribiu Memorias dun neno labrego no ano 1961 ía provocar que 28 anos máis tarde caera o muro de Berlín? Biófilo Panclasta estivo en Cangas nos anos 60? Quen foi Cachiño, o mariñeiro Rillote, e que tivo que facer para sobrevivir a un naufraxio en Tristán de Acunha? Que pintan Los Tamara en todo isto? Ata que punto o azar manexa as nosas vidas? Se queres descubrilo por ti mesmo/a non tes máis que achegarte á presentación de Pequenas historias subversivas de narración oral na que se contarán historias diferentes para xente diferente.

Público: Mocidade e adultos
Entrada:
De balde ata completar aforo
Organiza: Concellería de Cultura

Compartir:


- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D