La Trócola Circ abrirá a 27ª edición do FIOT
Venres 28 de setembro do 2018 20:30 horas - Praza do Concello Cultura
Un espectáculo de circo ao aire libre e para toda a familia será o encargado de abrir unha nova edición, e xa van 27, do Festival Internacional Outuno de Teatro 2018, que este ano xirará entorno á igualdade, o ocio e a incorporación dos xóvenes ao mundo do teatro.
A compañía valenciana La Trócola Circ debutará en Carballo cun número repleto de acrobacias, malabares, música, xogo e moito humor nunha sesión inaugural que se celebrará na Praza do Concello, dentro do programa de actividades do Teatro na Rúa. En caso de choiva, a representación trasladarase ao 2º andar do Mercado Municipal. posta en escena será todo un exercicio de precisión e enerxía que superará os límites establecidos e do que emerxerán imaxes e ideas orixinais para somerxer ao espectador/a nunha atractiva viaxe para os sentidos e un reencontro con algunhas sensacións infantís como o asombro, o sorriso, a sorpresa ou o entusiasmo.
Pese a súa curta traxectoria, Emportats conta xa entre o seu palmarés con importantes recoñecementos como o Premio FETÉN 2018 ao mellor espectáculo de noite e candidata aos premios MAX 2018 ao mellor espectáculo revelación.
Intérpretes: Jon Sádaba, Guillem Fluixà, Andrea Pérez, José Monreal e Aritz Sardina Deseño iluminación e técnico: Manolo Ramírez Imaxe e Vídeo: Cristina San Martín Escenografía: San Martín & Co. Música orixinal: Jo & Swissknife Coreografía: Maite Moreno Dirección técnica acrobática: Vitaly Motouzka Dirección artística: Lucas Escobedo
Entrada: De balde e para todos os públicos
Duración: 45 min
Organiza: Concello de Carballo e A.C.Telón e Aparte
Colabora: Xunta de Galicia, AGADIC, Deputación da Coruña, INAEM e Fundación Luís Calvo Sanz
Programación FIOT 2018