Ruta urbana en bici dentro da Semana da Mobilidade
Sábado 22 de setembro do 2018 11.00 horas - Saída da Praza do Concello
Xunto co circuíto de seguridade viaria e o bicibús, a bici volve a ser protagonista este sábado na Ruta urbana en bici que organiza a Concellaría de Planificación e Mobilidade Urbana, coa colaboración do Club Ciclista Carballo a un Paso, dentro da Semana Europea da Mobilidade.
Os/as ciclistas sairán ás 11.00 horas da Praza do Concello para realizar unha ruta polos colexios e algúns dos edificios públicos da vila. Haberá dúas paradas, unha moi breve no Fórum para ver os murais que decoran o complexo, e outra máis longa no Pazo da Cultura, onde se celebrará unha xincana e ofrecerase un aperitivo saudable.
A participación é libre, e non hai límite de idade.