Ruta polos proxectos de arte urbana dentro da Semana Europea da Mobilidade
Venres 21 de setembro do 2018 20.00 horas - Museo de Bergantiños
A Semana Europea da Mobilidade inclúe nesta edición unha ruta guiada a pé polos proxectos de arte urbana promovidos polo Concello de Carballo.
As persoas interesadas simplemente terán que achegarse ata o Museo de Bergantiños un pouco antes das oito da tarde, hora fixada para a saída. Os/as participantes realizarán un percorrido por algúns dos traballos dos proxectos Derrubando Muros con Pintura e Rexenera Fest que lles permitirá non só coñecer as obras dos/as distintos/as autores/as, senón tamén anécdotas e curiosidades dos traballos.