Festa para os nenos e nenas que participan no Camiño Escolar
Xoves 20 de setembro do 2018 17.00 horas
Un clásico da Semana Europea da Mobilidade, que estamos a celebrar por terceiro ano en Carballo, é a festa para os nenos e as nenas que participan no Camiño Escolar, un xeito de recompensar o seu esforzo diario por unha mobilidade máis sustentable e saudable.
Os nenos e nenas dos colexios Bergantiños, Fogar e A Cristina, os tres que participan na experiencia, serán convidados a unha merenda e a unha tarde de xogos.