Xornada de educación viaria na Semana Europea da Mobilidade
Mércores 19 de setembro do 2018 17.00 horas - Praza do Concello
Os nenos e as nenas de Carballo e comarca están convidados/as a participar o mércores 19 nunha amena xornada de educación viaria, dirixida polo Club Ciclista Carballo coa colaboración da AD Media Ducia e o Club Ciclista Monteneme, así coma da Policía Local.
A partir das 17 horas estará instalado na Praza do Concello un circuíto especialmente deseñado para as bicicletas, no que se ofrecerán aos nenos e as nenas participantes nocións básicas para camiñar seguros en bici e ao mesmo tempo prepararase a ruta urbana programada para o sábado 22 para pechar a Semana Europea da Mobilidade.
A participación é libre e de balde!