Xan Fraga realiza un repaso pola historia do noso concello en imaxes
Venres 31 de agosto do 2018 20.30 horas - Casino de Carballo
Desde o proxecto Carballo na Memoria, en colaboración co Casino de Carballo, temos programado un acto que realizará un repaso pola historia do noso concello, a cargo do cronista da historia local Xan Fraga.
O venres 31 de agosto ás 20.30 horas poderás coñecer a nosa historia a través das imaxes que Xan Fraga seleccionou para o seu último libro. Será un percorrido audiovisual de dúas horas, aproximadamente, xa que un século de historia necesita tempo.
As imaxes e estas historias que amosaremos foron faclitadas por veciños e veciñas do noso concello ao longo dos anos e tamén nas recollidas que estamos a realizar polas parroquias.