"The Way" pecha as Noites de Cine no Xardín
Mércores 22 de agosto do 2018 22:00 horas - Xardín Municipal Cultura
A última sesión de cine ao aire libre en Carballo non podía ser máis conmovedora e emotiva, especialmente para todos/as os/as espectadores que experimentaran a incrible vivencia de realizar o Camiño de Santiago algunha vez na súa vida.
"The Way" é un filme, protagonizado por Martin Sheen, que narra unha dobre peregrinaxe: a do camiño e a persoal. Unha película tenra, sensible e moi sincera que convida a autoreflexión e á procura dun mesmo, máis alá das banalidades que nos rodean na vida cotiá.
Sinopse: Un día, a Tom Avery (Martín Sheen), un prestixioso oftalmólogo viúvo, comunícanlle que o seu fillo Daniel, co que nunca tivo boa relación, morreu nos Pirineos durante un temporal. Tom, desolado, viaxa a Francia e, cando averigua que o seu fillo estaba facendo o Camiño de Santiago, decide terminar a ruta na súa honra. Un fantástico final para un verán de cine. Non vola perdades!
Clasificación: Todos os públicos
Duración: 131'
Organiza: Concellería de Cultura
Colabora: Deputación da Coruña