Inicio Carballo ao día Axenda Cances celebra a XVI Festa do Pichorro

Cances celebra a XVI Festa do Pichorro

Sábado 25 de agosto do 2018 20:00 horas - Escolas unitarias Cances Cultura

Gústanche as festas gatronómicas? Pois toma boa nota dunha das máis célebres do noso municipio: a Festa do Pichorro de Cances. Este ano, ademais de gozar coa degustación deste produto tan típico da nosa horta, poderás desfrutar coas actuacións musicais de Fol de Veneno e o Dúo Libertad. A regueifa de Lupe Blanco e Suso de Xornes porá a nota de humor a unha xornada con marcado sabor a tradición. E se queres poñer a proba a túa destreza, vai ben preparado/a porque tamén se celebrará o 7º Campionato de debullo con mango de fouciño. Sorte!

Organiza: AC San Campio de Cances
Colabora: Concello de Carballo

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D