O Festival de Música e Baile Tradicional pecha o Verán Cultural
Venres 31 de agosto do 2018 22:00 horas - Praza do Concello Cultura
Unha nova edición do Festival de Música e Baile Tradicional reunirá sobre o escenario da Praza do Concello a algunhas das agrupacións folclóricas con máis historia do noso municipio para poñer o broche de ouro á programación de verán elaborada pola Concellería de Cultura. Entre os grupos convidados están a Banda Municipal de Gaitas, Grupos de Música e Baile Tradicional AC Nemeth, Grupos de Música e Baile Tradicional de Arume de Berdillo e o Coro Aires de Bergantiños.
Durante espectáculo, os e as participantes farán gala do mellor folclore tradicional galego a través do baile, a música e o vestiario como parte do noso rico e variado patrimonio etnográfico.