Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre presentan Noró
Venres 24 de agosto do 2018 22:00 horas - Praza do Concello Cultura
Nurtha, Nord, Norte....Noró. O norte é case un estado emocional para Xabier Díaz, músico, compositor, investigador e compilador de melodías e ritmos tradicionais. Xunto á voz e á percusión das 11 mulleres que compoñen o grupo Adufeiras de Salitre, actuará na Praza do Concello dentro da programación do Verán Cultural, que organiza a Concellería de Cultura.
Tras o éxito de The Tambourine Man, un dos discos máis vendidos da música galega nos últimos anos, multipremiado e cunha xira de concertos por toda Europa as súas costas, chega Noró para amosar o retrato sonoro das paisaxes máis setentrionais como Mondariz, A Fonsagrada, Vimianzo, Manzaneda, A Mezquita e Zas, pero tamén de León e Zamora. Unha homenaxe ao norte, as súas xentes e as súas músicas, sólidas e ancestrais. Un auténtico espectáculo, en directo e de balde. Non faltes!
Organiza: Concellería de Cultura
Colabora: Deputación da Coruña