Inicio Carballo ao día Axenda Música pop, rock e folk coa Banda da Loba

Música pop, rock e folk coa Banda da Loba

Venres 10 de agosto do 2018 22:30 horas - Praza do Concello Cultura

A banda da Loba é un grupo de música galega integrado por cinco mulleres que decidiron unir as súas traxectorias individuais para crear un proxecto colectivo. O seu repertorio, de música variada e caleidoscópica, inclúe temas da súa propia autoría e outros baseados nas letras de poetas clásicos como Celso Emilio Ferreiro, Manuel María ou Rosalía de Castro, e nos poemas contemporáneos da carballesa Rosalía Fernández Rial e Celia Parra. Mesturando pop, blues, folk, rock e sons tradicionais crean un estilo musical de seu, heteroxéneo e singular. O seu nome rende homenaxe a Pepa a Loba, a lendaria bandoleira galega do século XIX. Asemade, pretenden darlle ao termo "loba"unha nova acepción, falando da muller-loba como dunha muller forte e arriscada, e non como un insulto. 

Bailando as rúas
é o título do seu primeiro traballo, enteiramente autoproducido e editado no Nadal de 2017. En marzo de 2018 gañaron o certame aR [r]itmar de música galega portuguesa. 

Organiza: Concellería de Cultura
Colabora: Deputación da Coruña

Compartir:


- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D