Inicio Carballo ao día Axenda Presentación do álbum...

Presentación do álbum "Pioneiras"

Venres 6 de xullo do 2018 Ás 20:00 horas - Xardín Municipal Cultura

Dentro da programación da Praza dos Libros, elaborada pola Concellería de Cultura de Carballo, presentarse o álbum ilustrado Pioneiras (ed. Xerais), de Anair Rodríguez con ilustracións de Nuria Díaz. O acto estará conducido por Melina Regueira.

Unha das primeiras correspondentes de guerra foi galega, tamén unha das primeiras navegantes, escritoras e directoras dun xornal. Este libro fala de doce mulleres que conseguiron vencer as barreiras impostas ao seu xénero e dar os primeiros pasos por vieiros transitados ata ese momento só por homes. Mulleres reais e diversas que no seu día foron pioneiras en diferentes ámbitos e cuxas historias merecen ser coñecidas e postas en valor.

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
31