Inicio Carballo ao día Axenda Obradoiro infantil de pintura fundida

Obradoiro infantil de pintura fundida

Mércores 13 de xuño do 2018 Ás 18:30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

Se tes entre 4 e 14 anos e unha imaxinación desbordante, estás de sorte porque a vindeira semana a Concellería de Cultura organizará un obradoiro de montros e outras criaturas de pintura fundida para que deas renda solta a túa imaxinación creando ilustracións monstruosas e moi divertidas con ceras de cores fundidas e outros materiais. 

O obradoiro será impartido pola ilustradora Julia Aguilar e as persoas interesadas en participar xa poden inscribirse na Biblioteca Rego da Balsa ou chamando ao 981 758 580. Dáte présa sen non queres quedar sen praza e prepárate para vivir unha experiencia terroríficamente marabillosa. 

Participación: de 4 a 14 anos
Entrada: Libre e de balde con inscrición previa
Organiza: Concellería de Cultura

Compartir:


- 2018 +
- Setembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
4
9
10