Inicio Carballo ao día Axenda Chega a Carballo o Rexenera Fest 2018

Chega a Carballo o Rexenera Fest 2018

Do mércores 23 de maio ata o domingo 3 de xuño do 2018 Cultura

Un ano máis chega a Carballo unha selección da mellor arte urbana do momento con algúns dos seus máximos expoñentes a nivel nacional e internacional. Lula Goce (Galicia), Daniel Muñoz "SAN", (Cáceres), Bosoletti (Arxentina), Doa Oa (Galicia) e Milu Correch (Arxentina) son os cinco artistas convidados/as desta edición, que durante toda a semana estarán a encher de cor e creatividade cinco muros de gran formato, situados no núcleo urbano do noso municipio, para deixar o mellor das súas creacións.

Pero o Rexenera Fest 2018 vén cargado doutras moitas citas importantes con actividades paralelas como masterclasses, seminarios, microconferencias, un roteiro guiado polas obras do festival e unha festa de peche con música en directo que non podedes perder.

Se estás interesado/a en participar nos actos que hai programados e queres ter o calendario ao completo do festival, entra en https://www.rexenerafest.gal e infórmate de todo: horarios, prazos, artistas...

Vémonos nas rúas de Carballo!

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D