Inicio Carballo ao día Axenda Lectura colectiva das obras de María...

Lectura colectiva das obras de María Victoria Moreno

Xoves 17 de maio do 2018 Ás 12:00 horas - Xardín Municipal Cultura

Dentro do programa de actividades elaborado para conmemorar o Día das Letras Galegas, a Concellería de Cultura organiza As Letras en Voces, unha actividade que consistirá na lectura pública e colectiva de obras de María Victoria Moreno Márquez, na que participarán diversas entidades culturais e centros educativos do municipio. No acto, que estará amenizado pola Banda Municipal de Gaitas, poderán participar ademais todas as persoas que o desexen, previa inscrición no departamento de Cultura a través do teléfono 981 704 300.

Participación: Libre e de balde
Organiza: Concellería de Cultura 

Compartir:


- 2018 +
- Outubro +
L
M
M
X
V
S
D