Inicio Carballo ao día Axenda Radio Bulebule - Concerto infantil de Paco...

Radio Bulebule - Concerto infantil de Paco Nogueiras

Xoves 15 de marzo do 2018 18.00 h - Auditorio Pazo da Cultura Lingua

Paco Nogueiras, un dos músicos preferidos da rapazada, presenta o seu novo traballo musical, Radio Bulebule, inspirado no fántastico e marabilloso mundo da radio. As 12 cancións deste novo libro-disco dispóñense a modo de grella de programación dunha peculiar emisora na que non falta a sintonía de entrada, a axenda cultural, o magazine de variedades, música, faladoiro, noticias, información deportiva, previsión meteorolóxica....Todo en formato musical e festeiro!

Participación: público familiar. A recollida de convites, que serán de balde, poderá realizarse a partir do vindeiro día 8 na Biblioteca Rego da Balsa.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística (SNL)

Compartir:


- 2018 +
- Xullo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31