Inicio Carballo ao día Axenda XI Certame de Artesanía Antonio Fraguas...

XI Certame de Artesanía Antonio Fraguas Fraguas

Do venres 16 de marzo ata o martes 27 de marzo do 2018 De 17.00 a 21.00 h Andar - 1 Pazo da Cultura Cultura

Mostra das obras seleccionadas no XI Certame de Artesanía Antonio Fraguas Fraguas organizado pola Deputación da Coruña. O galardón, que consta de dúas modalidades- artesanía tradicional e contemporánea-, ten como fin pór en valor e axudar a difundir a artesanía de Galicia sendo un referente para todos os artesáns galegos.

A exposición destaca pola gran variedade de disciplinas e modalidades e mestura pezas máis arraigadas con novas creacións, incluso pezas a partir de refugallos. Pódense apreciar traballos de xoiaría, cerámica, cestaría, escultura ou costura. Os gañadores desta edición foron: Pablo Carpintero, coa súa “Reprodución funcional da gaita de fol da Cantiga 350 das Cantigas de Sta. María” (categoría Artesanía Tradicional) e Lidia Nieves Domínguez pola obra “Xoguete” (categoría Artesanía Contemporánea).

Organiza: Deputación da Coruña e Concello de Carballo

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D