Inicio Carballo ao día Axenda A Panadaría abre os Venres Culturais con...

A Panadaría abre os Venres Culturais con "Elisa e Marcela"

Venres 23 de febreiro do 2018 21 horas - Pazo da Cultura Cultura

1901. ACoruña. Dúas mulleres casan na Igrexa de San Xurxo. Elisa transfórmase en Mario. Convértense no primeiro matrimonio lésbico de España. Persecucións policiais, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade son algúns dos avatares desta historia de amor a contratempo. A Panadaría, que na súa curta andadura ten xa importantes éxitos e recoñecementos, como o Premio da Crítica Galicia, recrea neste suceso real, a través do humor e de números musicais, onde o verídico parece invento.

Intérpretes: Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman/ Iluminación: Montserrat Piñeiro e Laura Iturralde / Vídeo: Alex Penabade / Vestiario e caracterización: Fany Bello / Texto: Esther F. Carrodeaguas, Gena Baamonde e A Panadaría / Dirección: Gena Baamonde.

Duración: 1 h 15 min
Público: Maiores de 12 anos
Entrada: 3 € / 2,5 €
Rede Galega de Teatros e Auditorios

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D