Faladoiro co piloto Fran Gómez Pallas sobre a súa experiencia no Dakar
Venres 2 de febreiro do 2018 19.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Deporte
Este venres acompañaranos Francisco Jose Gomez Pallas, o piloto carballés que demostrou unha gran fortaleza e combatividade para conseguir completar a 40ª edición do Dakar, superando todas as adversidades e todos os contratempos que lle propuxo o rally máis duro do mundo ao longo dos quince días que durou.
De todas elas e máis anécdotas nos falará o día 2 ás 19:30 no auditorio.
Non faltedes!