Inicio Carballo ao día Axenda A premiada "Eshtebak-Clash", nunha nova...

A premiada "Eshtebak-Clash", nunha nova xornada do festival Amal en Ruta

Venres 26 de xaneiro do 2018 20.30 horas - Pazo da Cultura Cultura

Eshtebak-Clash é unha película de ficción producida por Exipto, Francia, EAU e Alemaña en 2017 e dirixida por MohamedDiab. A cinta está ambientada no Cairo, no verán de 2013, dous anos despois da revolución exipcia. Por mor da expulsión do presidente Morsi, un camión da policía leva a decenas de manifestantes con conviccións políticas e relixiosas diferentes, e non se sabe se van lograr superar as súas diferenzas para saír adiante. A cinta aborda ofundamentalismo islámico a través dun thriller que se desenvolve por completo nunha furgoneta de policía.

A película participou na sección "UnCertainRegard" do Festival deCannes 2016 e recibiu os premios a mellor novo director e mellor fotografía en 2016 no Festival de Valladolid –Seminci.

MohamedDiab é un galardoado escritor e director, cuxo traballo a miúdo céntrase en problemas apremiantes na sociedade exipcia, como a súa opera prima Cairo 678, sobre tres mulleres que fan fronte ao chovinismo masculino e ao acoso sexual.

Eshtebak-Clash. Longametraxe de ficción. MohamedDiab / Exipto, Francia,EAU e Alemaña / 2017/ 97 minutos
Entrada libre e de balde ata completar aforo.

Trailer: https://www.youtube.com/watch?v=ossQOZOpjLg

Compartir:


- 2020 +
- Setembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
21
22
23
24
28
29
30