Inicio Carballo ao día Axenda Sorteo público para adxudicar as 13 prazas...

Sorteo público para adxudicar as 13 prazas da campaña de esquí

Xoves 18 de xaneiro do 2018 20.00 horas - Casa do Concello Deporte

Tal como estaba previsto no caso de que houbese máis solicitantes ca prazas, o xoves 18 celebrarase na Casa do Concello o sorteo público para proceder á adxudicación das 13 prazas das que dispón o Concello de Carballo para a Campaña de Inverno 2018, organizada pola Deputación da Coruña para facilitar que os nenos e nenas da provincia poidan practicar o esquí na estación de Cabeza de Manzaneda.

No documento adxunto pode consultarse a relación de admitidos/as para participar no sorteo.

Os listados que se publican nesta páxina web e que conteñen datos de carácter persoal axústanse á lexislación actual de protección de datos e a súa única finalidade, de conformidade có previsto no artigo  59 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, é a de comunicar a cada un dos aspirantes o contido do procedemento selectivo. Estas listaxes non constitúen fonte de acceso público e non poderán ser reproducidos nin en todo nin en parte, nin transmitidos nin rexistrados por ningún sistema de recuperación de información, sen o consentimento dos propios afectados.

Descargas

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D