Inicio Carballo ao día Axenda "Cartas desde Baghdad", último...

"Cartas desde Baghdad", último documental do festival Amal en Ruta

Sábado 20 de xaneiro do 2018 20.30 horas - Pazo da Cultura Cultura

Cartas desde Baghdad é unha produción británica de 2016 dirixida por Sabine Krayenbühl e Zeba Oelbaum, un documental de ton artístico que narra a vida de Gertude Bell, e conta a historia dunha das mulleres máis influentes no Imperio Británico que foi ignorada e pouco recoñecida pola historia. A través das súas cartas, o documental vai permitindo ao espectador recoñecer a súa verdadeira influencia, así como as súas habilidades literarias que axudaron a definir o destino de Iraq despois da Primeira Guerra Mundial. A súa proxección e as súas decisións tiveron relevancia ata o momento actual e, a pesar de ser unha descoñecida, recoñécese hoxe en día que foi máis influente que o seu contemporáneo Lawrence de Arabia. De feito, e a pesar do misoginismo da época, denominoulla “ the female Lawrence of Arabia”.

Cartas desde Baghdad. Longametraxe documental. Sabine Krayenbühl e Zeba Oelbaum / EEUU, Inglaterra e Francia / 2016/ 95 minutos

Ligazóns

Compartir:


- 2019 +
- Xullo +
L
M
M
X
V
S
D