Inicio Carballo ao día Axenda Celebración da Noiteboa e o Nadal

Celebración da Noiteboa e o Nadal

Do sábado 23 de decembro ata o luns 25 de decembro do 2017 Carballo, Sísamo e Ardaña Cultura

Desde ao 23 ata o 25 de decembro sucederanse as actividades con máis carga relixiosa do Nadal Cultural. O sábado 23 os/as rapaces/zas que están a prepararse para a confirmación visitarán aos maiores da residencia Abrente nun acto organizado polo Centro de Información á Mocidade A Xanela

O día de Noiteboa ás 20.00 horas terá lugar na igrexa parroquial de San Xoán Bautista a inauguración do belén, e unha hora máis tarde celebrarase a cea de Noiteboa en familia. Ámbolos dous actos están organizados polo Centro Social San Xoán Bautista, ao igual que o nacemento en vivo previsto para o día de Nadal ás 12.30 horas na igrexa parroquial

O día 25 tamén haberá escenificación do belén e recital de panxoliñas na igrexa de Sísamo, a partir das 10.45 horas, organizado pola Asociación Cultural O Candil.

Pola súa banda, a Asociación de Veciños Santa María de Ardaña realizará ás 13 horas, tamén na igrexa, a representación do nacemento. 

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D