Inicio Carballo ao día Axenda Presentación do libro "Ser Modou...

Presentación do libro "Ser Modou Modou", de Cheikh Fayé

Martes 19 de decembro do 2017 19.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

Cheikh Fayé era mestre en Senegal ata que tivo que emigrar, desde hai 14 anos reside na Coruña, traballa pola zona vendendo en rúas e feiras –entre elas tamén nas de Carballo– e agarda poder obter a nacionalidade. Sobre a súa chegada aquí, a nostalxia da súa terra, as dificultades, a vida dos inmigrantes africanos en Europa, a loita diaria por conseguir uns ingresos mínimos para sobrevivir e para poder mandarlle algo á familia que deixou lonxe, etc., comezou a tomar notas e a publicalas no blog https://senegaliza.wordpress.com/, que agora se converteu en libro co título Ser modou modou (“Modou” é o nome xenérico co que se coñecen os inmigrantes africanos en Europa), editado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega. E todo isto, como é feito desde aquí, en Galicia, quixo facelo en galego, na nosa lingua, en sinal e como exemplo de integración social e lingüística nesta terra que o está acollendo.

Para presentar este libro estará o vindeiro martes, día 19 de decembro, na Biblioteca Rego da Balsa de Carballo, nun acto que comezará ás 19.30 h, con entrada libre. Pero non só presentará o libro, senón que conversará sobre a vida dun inmigrante africano na nosa terra que sobrevive diariamente vendendo, e sobre acollemento lingüístico, cultural e social.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4