Inicio Carballo ao día Axenda "Cancións para nenas e nenos",...

"Cancións para nenas e nenos", concerto infantil de María do Ceo

Domingo 17 de decembro do 2017 18 horas - Auditorio do Pazo da Cultura Lingua

A tenrura e paixón da nosa fadista por excelencia, María do Ceo, chega agora en versión infantil con cancións didácticas para que as nenas e os nenos aprendan escoitando. Un bo número de poemas musicados e cancións sobre a igualdade, a solidariedade, as linguas, a diversidade ou os animais que farán deste un concerto ben doce e ameno.

Os convites, que se distribuíron de balde desde a Biblioteca Rego da Balsa, están esgotados, aínda que poderán acceder persoas que quedaran sen entrada en caso de que, na hora do comezo, haxa prazas dispoñibles.

Escoita aquí algunhas das cancións:

-Gando galego: https://youtu.be/-SrRa-H_S80

-O inverno: https://youtu.be/e-OQojLjVkY

-O cuco: https://youtu.be/ibsF04NJOe0

-A galiña azul: https://youtu.be/utOekN0euYc

Participación: público familiar (recomendado para maiores dun ano)Recollida de convites, de balde, desde o 7 de decembro na Biblioteca Rego da Balsa.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D