A web oficial do concello de Carballo

Semana da Mobilidade: 11ª Ruta da Bicicleta por Sísamo

13/09/2026
10:45
Sísamo

A Semana Europea da Mobilidade arranca en Carballo o domingo 13 de setembro coa 11ª Ruta da Bicicleta por Sísamo, organizada pola Asociación de Veciños Santiago Apóstol de Sísamo.

A saída terá lugar ás 10.45 horas desde o centro social de Sísamo, desde onde as persoas participantes realizarán un percorrido pola parroquia e por distintos puntos da contorna urbana de Carballo.

O uso do casco será imprescindible e os menores de sete anos deberán ir acompañados por unha persoa adulta. A iniciativa pretende fomentar o uso da bicicleta como medio de mobilidade e, ao mesmo tempo, ofrecer unha actividade deportiva e de convivencia aberta ás familias.

Percorrido: centro social – A Cepeira – Conservas Calvo – Avenida da Cristina – zona Rego da Balsa – estrada de Xoane – Figueiroa – O Espiño – Ramil – Outeiro – Lamas – pista da Braña – centro social

Inscricións: Asociación de Veciños Santiago Apóstol de Sísamo

Non hai campos definidos para este produto.