Saber solucionar unha pequena avaría, revisar determinados elementos ou realizar tarefas básicas de mantemento pode marcar a diferenza á hora de utilizar a bicicleta con maior frecuencia.
Con ese obxectivo, a Semana Europea da Mobilidade inclúe o xoves 17 de setembro o taller práctico “Arranxa a túa bici”, que se desenvolverá ás 19.30 horas no exterior do Pazo da Cultura e será impartido por Rodri Carracedo.
A actividade permitirá ás persoas participantes achegarse ás reparacións máis básicas relacionadas co uso cotián da bicicleta.
A proposta completa así outras accións da programación vinculadas á aprendizaxe e á seguridade, incidindo neste caso na autonomía das persoas usuarias e na importancia de manter as bicicletas en boas condicións.
O taller require inscrición previa no formulario inferior.
3 dispoñibles
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.