Convocatoria e bases do proceso selectivo para a elaboración dunha listaxe de persoal funcionario interino para a cobertura temporal de postos de Técnico/a de administración xeral, Escala de administración xeral, Subescala Técnica, Grupo A, subgrupo A2, en calquera das circunstancias descritas no artigo 10 do EBEP e no artigo 23 da LEPG.
Publicación da Listaxe provisional de persoal funcionario interino para a cobertura temporal de postos de traballo de Técnico/a de xestión, Escala de Administración Xeral (Grupo A, Subgrupo A2).
As persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren, por si houbera un erro de cálculo, no prazo de tres (3) días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación da listaxe na sede electrónica do Concello de Carballo.