A web oficial do concello de Carballo

Paula Quintas e Andrea Jiménez botan o pano da 34ª edición do FIOT

Vulcano - FIOT 2025 Foto de Bárbara Sánchez

Esta semana, o FIOT, o Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, bota o pano da súa 34ª edición. Así, mañá mércores, 29 de outubro, ás 20.00h, no Pazo da Cultura, a coreógrafa e bailarina Paula Quintas presentará o “work in progress” Desde o corsé a danza vertical: do rigor clásico á liberdade aérea contemporánea, con […]

“Empaque” e “Entrañas”, dous interesantes ‘obxectos tetrais non identificados’, protagonizan a terceira semana do FIOT

Entrañas - El Patio Teatro FIOT

Un total de 13 propostas, entre representacións e actividades paralelas, conforman o apetecible menú do FIOT para a terceira semana de programación da súa 34ª edición. Para abrir boca, a compañía Chicharrón Circo Flamenco visita por primeira vez o Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo coa estrea en Galicia da sorprendente Empaque, unha viaxe emocional […]

Pistacatro, Xampatito Pato e Touriñán, entre outros, protagonizan a segunda semana do FIOT

Xampatito Pato - FIOT 2025

Pistacatro, Touriñán e Xampatito Pato, entre outros, protagonizan a segunda semana do Festival Internacional Outono de Teatro, que ofrecerá, de xoves a domingo, seis novas propostas escénicas. A Rúa dos Contos desta 34ª edición do FIOT continúa a súa andanza este xoves, 2 de outubro, ás 21.00 horas, no Casino 1889, co monólogo das narradoras orais […]