Música, teatro, improvisación e moito humor en “Territorio Regueifa”: estrea o venres 6 de febreiro

Territorio Regueifa chega ao Pazo da Cultura o venres 6 de febreiro da man do FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro), despois de que o espectáculo tivera que adiarse pola baixa dun dos seus protagonistas. O festival, o Centro Dramático Galego e Ainé coproducen unha inédita e ambiciosa proposta escénica que pon en valor este xénero artístico. […]
O FIOT repite un ano máis entre os mellores proxectos culturais de Galicia no Observatorio da Cultura de 2025

O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT) foi distinguido una ano máis polo prestixioso Observatorio de la Cultura da Fundación Contemporánea como o terceiro mellor proxecto cultural galego de 2025, posto que comparte co Festival Sinsal, o Centro Dramático Galego polo espectáculo A serie clopen e a Bienal de Pontevedra. Deste xeito, o […]
A mostra de cine Amal en Ruta volve a Carballo para achegar a situación do pobo palestino

Entre o venres 30 de xaneiro e o xoves 26de febreiro o Pazo da Cultura de Carballo acolle as proxeccións do ciclo de cinema euro árabe AMALen Ruta, que este ano esta dedicado de forma íntegra á situación do pobo palestino. Unha programación especial que se estrutura arredor de conceptos clave que axudan a comprender […]
Volve Cultura con forza: teatro, música, cinema, danza e fotografía en Carballo até o mes de maio

BONOS E ENTRADAS PARA OS VENRES CULTURAIS: https://billeteira.carballo.gal Un ano máis a arte e a creatividade atopan en Carballo o seu espazo no programa Cultura con Forza. Máis de 25 propostas de teatro, música, cinema, danza ou fotografía cunha oferta diversa dirixida a públicos heteroxéneos, alternando entre estilos e mesmo disciplinas artísticas. A escena galega […]
O Concurso de Comparsas, Carrozas e Disfraces de Entroido repartirá máis de 10.000 euros en premios

As inscricións estarán abertas desde o 24 de xaneiro até o 11 de febreiro para comparsas e carrozas e até o 15 de febreiro para disfraces de grupos, por parellas e individuais Volve o Concurso de Comparsas, Carrozas e Disfraces de Entroido do Concello de Carballo, un dos desfiles con máis tradición da comarca, que […]
O FIOT retoma o 6 de febreiro a estrea absoluta de “Territorio Regueifa”: entradas dispoñibles a partir do xoves 22 de xaneiro

O FIOT retoma en febreiro a estrea absoluta do espectáculo Territorio Regueifa, que terá lugar no Pazo da Cultura de Carballo o venres 6 de febreiro, ás 21.00 h. A peza é unha coprodución do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT) xunto a Ainé Producións e o Centro Dramático Galego, dirixida por José […]