Arte, música tradicional e tamén de vangarda con Su Garrido: tres citas esta semana como antesala do San Xoán

Aínda que a Semana Grande do San Xoán comeza o 22 de xuño, a partir do xoves 18 a Concellaría de Cultura propón tres citas para ir adiantando as festas: dirixidas para todos os públicos e con acceso libre e gratuíto. Arte, música tradicional ou música de vangarda encherán o Pazo da Cultura e a […]
Cultura e Igualdade únense para conmemorar o 8M cun concerto reivindicativo de De Vacas

A Deputación da Coruña e o Concello fan posible esta actuación que pretende converterse nunha celebración, pero tamén nunha loita a prol dos dereitos das mulleres Carballo acolle o sábado 7 de marzo o concerto Vacanal Sinfónica do coñecido grupo galego De Vacas, que ademais de conmemorar o seu décimo aniversario nos escenarios e vir […]
Carballo fomenta a danza e outras artes vivas participando un ano máis nas Residencias Paraíso

Por décimo ano consecutivo, o Colectivo RPM –entidade independente dedicada ao impulso da creación contemporánea en Galicia– abre unha nova convocatoria anual das Residencias Paraíso, un programa de residencias artísticas pioneiro no noso territorio. Carballo participa un ano máis nesta iniciativa que está dirixida a artistas de Galicia, España e Portugal, con maior ou menor […]
A carroza 20.000 leguas de vida submarina gaña o Concurso de disfraces de Entroido

A pesar da choiva que non deixou de caer en Carballo o pasado domingo 15 de febreiro durante o Concurso e Desfile de disfraces, comparsas e carrozas de Entroido, a diversión, o bo humor e a paciencia de todas e todos os participantes fixeron que estivera animado ata o último momento. Repartíronse máis de 10.000 […]
Xa hai preto de 600 persoas anotadas no Concurso de Disfraces, Comparsas e Carrozas de Entroido

Unha vez pechado o mércores 11 de febreiro o prazo de inscrición nas categorías de comparsas e carrozas para o Concurso de Entroido de Carballo, xa hai preto de 600 persoas anotadas. O número pode aumentar, porque o prazo nas categorías de grupos, parellas e individual está aberto até o mesmo día do desfile, o […]
O Concurso de Disfraces e o Enterro da Sardiña protagonizan un Entroido con festas, animación, pasarrúas e máis de 10.000 euros en premios

Os disfraces invadirán Carballo un ano máis, encabezados polo viquingo que protagoniza este ano o cartel, entre o 7 de febreiro e o 7 de marzo: ruadas, música, pasarrúas, circo, bailes infantís, cocidos, festivais, charangas, festas… e tres citas que cada ano congregan a miles de persoas: o Concurso e Desfile de Disfraces, Comparsas e […]