En marcha os traballos de renovación do equipamento de seis pistas polideportivas situadas nas parroquias de Ardaña, Cances, Carballo, Rus e Sísamo

A Concellaría de Deporte ten en marcha un plan de renovación do equipamento das pistas polideportivas que temos distribuídas por todo o territorio municipal coa finalidade de facilitar e fomentar a práctica deportiva nas diferentes parroquias e de poñer en valor unha serie de instalacións que se sitúan na súa maior parte na zona rural. […]
Carballo será o centro neurálxico do Rally Terra de Galicia, que se disputará do 4 ao 6 de setembro cun percorrido de 375 quilómetros por sete concellos da provincia

O Rally Terra de Galicia, que se disputará do 4 ao 6 de setembro, reunirá a 50 pilotos nun percorrido de 375 quilómetros, 100 deles cronometrados, polos municipios de Carballo, A Coruña, Arteixo, Cerceda, A Laracha, Malpica e Ponteceso. O evento, que debuta como proba puntuable no Campionato de España de Rallys de Terra, converterá […]
O I Torneo Internacional Sub-16 Bergantiños Football Cup reunirá en Carballo a algunhas das mellores canteiras do mundo durante a fin de semana

O campo municipal das Eiroas vaise transformar durante a fin de semana na plataforma de lanzamento das próximas estrelas do fútbol. As canteiras do FC Barcelona, Atlético de Madrid, Athletic Club de Bilbao, Valencia CF, Real Sociedad, RC Celta, RC Deportivo da Coruña, do portugués FC Porto e do xaponés Next Japan Under Armour compartirán […]
O CCA presenta o panel de xogo que contribuirá á dinamización da campaña “A voltas co cole” os días 5 e 19 de setembro

O Centro Comercial Aberto (CCA) Carballo presentou este luns o gran protagonista da súa nova campaña “A voltas co cole”: un pasatempo familiar que busca dinamizar o comercio de proximidade e premiar á clientela que realiza as súas compras no pequeno comercio carballés. No acto, acompañando aos representantes da entidade, estiveron presentes o alcalde de […]
O alumnado do curso de xestión de chamadas de teleasistencia que participa no proxecto piloto de atención telefónica atendeu a 68 persoas en dez días

Nos dez primeiros días de funcionamento da campaña informativa Cada chamada conta, cada persoa importa, promovida polas entidades sociaisAfaber, Apem e Aspaber coa colaboración do Concello de Carballo, foron atendidas 68 persoas: 46 mulleres e 22 homes. As alumnas do curso de Xestión de chamadas de teleasistencia, que estamos a impartir no Fórum dentro do […]
O Concello volve promover o galego no sector da hostalaría repartindo salvamanteis con pasatempos da revista “A píllara” en colaboración con Axober

Entre as numerosas actividades que vimos desenvolvendo para a normalización e a promoción da lingua galega en diferentes ámbitos, desde as concellarías de Normalización Lingüística e Promoción Económica estamos a realizar por terceiro ano, e nesta ocasión coa colaboración de Axober, un reparto de salvamanteis con pasatempos da revista A píllara, editada polo Concello de […]