O Rexenera Fest 2025 levará a arte mural a cinco novos espazos urbanos entre o 29 de maio e o 8 de xuño

Carballo prepárase para acoller unha nova edición do Rexenera Fest, o Festival Internacional de Arte Pública, que se celebrará do 29 de maio ao 8 de xuño. A décimo primeira edición do evento volverá transformar as rúas da cidade nun espazo de creación compartida, coa participación de cinco artistas nacionais e internacionais que intervirán noutras […]
Xornada sobre lactación materna o xoves 29 de maio para presentar a nova sala de lactación do mercado municipal

Arredor do Día do Mercado, que este ano celébrase o sábado 31 de maio, a Concellaría de Feiras e Mercados ten programadas unha serie de actividades encamiñadas a poñer en valor a oferta comercial pero tamén a dar a coñecer os novos servizos que ofrece o mercado municipal. O xoves 29 realizaremos a presentación da […]
As bibliotecas municipais de Carballo superan xa as 10.000 persoas usuarias

As bibliotecas municipais constitúen un dos principais referentes culturais do noso concello, como demostran as 53.555 visitas que recibiron o ano pasado. Nestes momentos, entre Rego da Balsa e Agra de Campos suman 10.115 persoas inscritas, é dicir, máis do 30% da poboación. O 2024 foi un ano de moita actividade no departamento que dirixe […]
O Concello de Carballo e o Colexio de Arquitectos de Galicia convocan un concurso de proxectos para o deseño do edificio para entidades sociais

O Concello de Carballo e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) convocan un concurso de proxectos para o deseño do futuro edificio para entidades sociais, froito dun acordo de colaboración entre ámbalas entidades. O obxectivo é seleccionar a mellor proposta arquitectónica para a construción dun inmoble de 1.620 metros cadrados, que se situará […]
A Xunta de Goberno Local aproba de xeito inicial o plan especial que permitirá a implantación dunha área deportiva na Lagoa

A Xunta de Goberno Local aprobou de xeito inicial, na sesión ordinaria celebrada este 19 de maio, o Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións (PEID) para a implantación dunha área deportiva na Lagoa. O plan afecta a un ámbito de 81.551 metros cadrados, no que se realizará unha intervención urbanística cunha dobre finalidade: proxectar un […]
Carballo celebrará do 2 ao 7 de xuño a Semana do Medio Ambiente, con actividades para todos os públicos

Arredor do 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, o Concello de Carballo convida a toda a veciñanza a participar nunha morea de actividades que nos permitirán dar a coñecer e poñer en valor os nosos servizos e recursos medioambientais. As concellarías de Medio Ambiente e Servizos, Innovación, Educación, Turismo e Normalización Lingüística unen […]