A web oficial do concello de Carballo

Carballo consegue 350.000 euros da Unión Europea para impulsar a divulgación científica co proxecto “Talento Quilómetro Cero”

TALK0 Presentación proxecto Talento Km0

O Concello de Carballo acada financiamento europeo para desenvolver o proxecto “Talento Quilómetro Cero (TALK0)”, unha iniciativa de divulgación científica que contará con arredor de 350.000 euros e que situará ao municipio como referente na conexión entre ciencia, empresa e sociedade. O proxecto foi seleccionado no marco do programa europeo vinculado ás accións Marie Skłodowska-Curie, […]

Carballo reivindica a Alfredo Brañas cunha exposición no Pazo da Cultura

Exposición Alfredo Brañas

O Pazo da Cultura acolle desde este xoves a exposición Alfredo Brañas Menéndez. XIX-XXI. 125 anos do seu pasamento, unha mostra que revisa a figura do intelectual carballés e a súa influencia no pensamento político, cultural e xurídico da Galicia de finais do século XIX. O acto de inauguración contou coa participación do alcalde de […]

A Real Academia Galega e o Concello de Carballo asinan un convenio para a elaboración do mapa sociolingüístico escolar municipal

Convenio Concello de Carballo - Real Academia Galega para o mapa sociolingüístico escolar

A Real Academia Galega e o Concello de Carballo asinaron hoxe o convenio de colaboración para a realización do mapa sociolingüístico escolar do municipio. O presidente da RAG, Henrique Monteagudo, e o alcalde carballés, Daniel Pérez López, rubricaron o documento que formaliza a cooperación entre ambas as institucións para que o concello conte cun retrato […]

O Concello de Carballo e Fundación ONCE – Inserta Emprego colaborarán para fomentar o emprego das persoas con diversidade funcional

Carballo promoverá o emprego das persoas con diversidade funcional con Inserta Emprego

O Concello de Carballo e Inserta Emprego, entidade da Fundación ONCE centrada na formación e o emprego das persoas con discapacidade, deron os primeiros pasos cara a próxima sinatura dun convenio de colaboración co obxectivo de fomentar a inclusión laboral das persoas con diversidade funcional no municipio. O acordo acadouse nunha xuntanza na que participaron […]