O Concello de Carballo mellora as condicións de uso e a seguridade de 19 parques infantís situados en espazos públicos e centros educativos de varias parroquias

O Concello de Carballo realiza un investimento de 207.136,74 euros na mellora de 19 parques infantís situados en espazos públicos e centros escolares dunha ducia de parroquias. O concelleiro de Servizos, Miguel Vales, realizou un percorrido polos espazos nos que se está a traballar. As obras, adxudicadas a Coregal Parques e Xardíns, permitirán solucionar os […]
A corporación municipal aprobará no pleno de setembro o convenio entre o Concello e o Sergas para converter o centro de saúde nun centro integral de saúde comarcal

A corporación municipal aprobará no pleno ordinario de setembro, que se celebrará o luns 29, o convenio de colaboración entre o Concello de Carballo e o Sergas para ampliar o centro de saúde e convertelo nun centro integral de saúde (CIS) de ámbito comarcal. O alcalde, Evencio Ferrero, que deu conta dos asuntos que abordará […]
O Concello de Carballo presenta o programa formativo C4S, destinado a impulsar un sector turístico local de calidade

A Concellaría de Promoción Económica e Turismo presentou este xoves o proxecto C4S-Carballo pola Sostibilidade, un programa de formación para as empresas do sector que permita “conseguir un turismo de calidade que xere valor no concello”, como explicou o concelleiro Xosé Regueira na presentación da iniciativa. As 10 empresas participantes serán consideradas “as tractoras para […]
Nove establecementos locais elaborarán os mellores bocadillos gourmet con Pan de Carballo e produtos de proximidade no Onda Bocata Fest, do 26 ao 28 de setembro en Razo

A biblioteca coas mellores vistas do mundo pechou as súas portas hai uns días en Razo, o servizo municipal de salvamento e socorrismo tamén recolleu o material despois dun caloroso e concorrido mes de agosto, e este sábado remataremos o programa Eu quero Razo-Baldaio cun foro aberto á cidadanía para falar sobre o presente e […]
Aberto á circulación o primeiro treito da vía municipal que enlazará o polígono de Bértoa coa estrada de Razo

Este 24 de setembro quedou aberto ao tráfico o primeiro treito da vía municipal que enlazará o polígono de Bértoa coa estrada de Razo, tal como está previsto no PXOM. O alcalde, Evencio Ferrero, foi o primeiro en realizar o percorrido, que polo momento remata na rúa Médico Justo Martínez. O proxecto está dividido en […]
A Deputación da Coruña inicia as obras de aglomerado na estrada de Carballo a Razo e habilita un treito de senda peonil en Cances da Vila

A Deputación da Coruña iniciou as obras de mellora integral do firme da estrada provincial DP-1902, que une Carballo e Razo, cun investimento de 376.984,08 euros. Os traballos afectan a un treito de 6,6 quilómetros, comprendido entre os puntos quilométricos 2+450 e 9+000. A intervención consistirá na limpeza de cunetas ao longo do trazado, co […]