Aprende soldadura ou montaxe de instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións en edificios nas novas accións formativas que che ofrecemos no Fórum Carballo

O Fórum Carballo acollerá nos próximos meses dúas novas accións formativas pertencentes ao Plan Formativo para o emprego da Comunidade Autónoma de Galicia (persoas traballadoras desempregadas), nas que poderás formarte en dous sectores con moita demanda laboral: soldadura mig/mag e montaxe de instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións en edificios. Toma nota: SOLDADURA POR ARCO BAIXO GAS […]
O Concello de Carballo consegue financiamento europeo para un proxecto de case 11 millóns de euros

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou este venres 3 de outubro a resolución da Dirección General de Fondos Europeos (Ministerio de Facenda) na que figuran os proxectos que recibirán financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional aos Plans EDIL. Entre as 25 propostas aprobadas en Galicia está a presentada polo Concello de Carballo. Carballo […]
As concellarías de Igualdade e Normalización Lingüística poñen en marcha o programa “De landras a carballos”, con actividades infantís para participar en familia

As concellarías de Igualdade e Normalización Lingüística continúan a traballar en diferentes iniciativas coas que queremos contribuír á crianza positiva, igualitaria e libre de violencias, empregando o galego como lingua de relación, expresión e afecto. Froito desa colaboración xorde De landras a carballos, un proxecto de sensibilización e acompañamento ás familias que reúne diversas propostas […]
Evencio Ferrero cesará o 4 de outubro como alcalde e concelleiro despois de 22 anos no goberno e de 46 como membro da corporación municipal

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, presentou este mércores 1 de outubro a súa renuncia como alcalde e concelleiro, unha decisión moi meditada que “obedece a motivos estritamente persoais” e que ten moito que ver, como el mesmo dixo, coa súa recente xubilación laboral ao cumprir os 70 anos. “Pensando no mellor para Carballo, é […]
Visita do alcalde e da directora xeral de FP ao alumnado de Soldadura e Cociña que está a formarse por primeira vez no Fórum Carballo

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, acompañou esta mañá á directora xeral de FP, Eugenia Pérez, nunha visita ao alumnado do IES Monte Neme que está a cursar o grao básico de Cociña e Restauración con formación académica e práctica nas instalacións municipais do Fórum Carballo, grazas a un acordo entre a Consellería de Educación, […]
O programa de compostaxe doméstica do Concello de Carballo xa supera o milleiro de participantes e abrimos un novo prazo de solicitude

Dende o Concello de Carballo seguimos apostando pola compostaxe como a fórmula máis axeitada para a xestión dos residuos orgánicos, tanto a través da iniciativa “Ti tes a chave”, que se desenvolve na zona urbana con máis de 1.500 participantes, coma do programa de compostaxe doméstica, que, ademais de contribuír á redución do lixo, facilita […]