O alumnado do curso de xestión de chamadas de teleasistencia participará nun proxecto piloto de atención telefónica coas asociacións Afaber, Apem e Aspaber

As entidades sociais Afaber, Apem e Aspaber, co apoio do Concello de Carballo, impulsan a campaña informativa Cada chamada conta, cada persoa importa, un proxecto piloto de atención telefónica para persoas vulnerables que estará atendido polo alumnado do curso de Xestión de chamadas de teleasistencia que estamos a impartir no Fórum dentro do plan de […]
O goberno municipal traslada á deputada provincial de Obras a necesidade de mellorar a mobilidade na rede viaria da Deputación

A deputada provincial de Infraestruturas Viarias e Obras, Mónica Rodríguez, achegouse ata Carballo para seguir traballando en distintos proxectos de mellora da mobilidade rodada e peonil na extensa rede viaria provincial que existe no noso concello. Desde o goberno municipal, representado pola alcaldesa en funcións, Belén Lendoiro, e un bo número de concelleiros e concelleiras, […]
O TSXG estima o recurso de reposición promovido polo Concello de Carballo e suspende cautelarmente a autorización do parque eólico Monte Neme

Como consecuencia do recurso de reposición promovido polo Concello de Carballo, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de adoptar a medida cautelar de suspensión da resolución pola que se outorgaba autorización administrativa previa e de construción do parque eólico Monte Neme, promovido por Enel Green Power España, S.L. O Concello de Carballo […]
Arrincaron as obras do parque infantil do Rego da Balsa, que se converterá nun espazo de xogos temático sobre o trolebús

O proxecto Carballo para a infancia dá un paso de xigante na súa segunda fase, que inclúe a ampliación do parque do Chorís e a renovación integral dos parques da Praza do Outeiro e do Rego da Balsa para convertelos en espazos de xogos temáticos arredor de elementos con tanto simbolismo coma o antigo depósito […]
A Xunta de Goberno Local aproba subvencións por importe de 65.000 euros para as tres entidades empresariais carballesas

A Xunta de Goberno Local aprobou este luns a concesión de subvencións ás tres entidades empresariais en activo no noso concello por un importe total de 65.845,54 euros. As axudas, convocadas de xeito anual pola Concellaría de Promoción Económica para impulsar a dinamización, os programas de formación e as actividades que desenvolven as asociacións de […]
As obras na Cepeira completan os investimentos previstos por Augas de Galicia para reducir o risco de inundación en Carballo

Os concelleiros Luis Lamas, Daniel Pérez, Ramón Varela e Miguel Vales visitaron as obras que está a executar Augas de Galicia na zona da Cepeira, as últimas do plan de investimentos para reducir o risco de inundación nas beiras do Anllóns ao seu paso por Carballo. Os traballos, adxudicados á UTE formada por Vázquez y […]