O curso de verán Traballando en lingua con inmigrantes puxo de manifesto a importancia da inmersión lingüística para acadar a integración

Carballo foi escenario esta semana do curso de verán da Universidade da Coruña (UDC) Traballando en lingua con inmigrantes, unha iniciativa centrada na dinamización lingüística en contextos de diversidade e inmigración coa que quixemos poñer en diálogo a realidade migratoria coa promoción da lingua galega como ferramenta de inclusión, cohesión social e exercicio de dereitos. […]
As obras de pavimentación en Arnados manterán pechada ao tráfico a semana que vén a estrada de Sambade

O proxecto de pavimentación da estrada municipal que comunica Arnados con Sambade ao longo da costa non só inclúe o algomerado dos 4.675 metros de vía, senón tamén a pavimentación con cemento das rúas afectadas nos núcleos do Igrexario (Lema) e Arnados (Razo), seguindo o modelo que estamos a utilizar nos núcleos rurais tradicionais. No […]
Toman posesión os oito membros da brigada de prevención e defensa contra os incendios forestais

Este xoves 17 de xullo tomaron posesión os integrantes da brigada de prevención e defensa contra os incendios forestais, creada no marco do convenio entre o Concello de Carballo e a Consellería do Medio Rural asinado en abril, e cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader). O equipo está integrado por un xefe […]
Asinado o convenio entre o Concello de Carballo e a Fundación Luis Calvo Sanz para o patrocinio do concerto de De Ninghures

O xoves 24 de xullo, véspera do día grande de Galicia, estará en Carballo unha das bandas referentes da rica escena do folk galego actual: De Ninghures. O concerto será patrocinado pola Fundación Luis Calvo Sanz, que ano tras ano vén colaborando co Concello de Carballo na promoción da cultura galega. Este xoves, nun acto […]
Presentadas 36 propostas no concurso convocado polo Concello de Carballo e o Colexio de Arquitectos de Galicia para o deseño do edificio de entidades sociais

O Concello de Carballo recibiu 36 propostas no concurso convocado en colaboración do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) para o deseño do futuro edificio para entidades sociais. O xurado -formado polo alcalde, como presidente; dous arquitectos designados polo Concello de Carballo, dous nomeados polo COAG e un dos servizos técnicos da Consellería de Política […]
A Praia dos Libros regresa a Razo para que volvas gozar do pracer da lectura na beira do mar

A biblioteca coas mellores vistas do mundo volve abrir as súas portas na praia de Razo para que, por quinto ano consecutivo, ademais de tomar o sol, practicar surf, bañarte ou xogar ao voleibol, teñas ao teu alcance a pé de praia os últimos éxitos literarios e un punto de información cultural xestionado polo persoal […]