Os versos entran nas aulas co programa de obradoiros “Poetizando en Carballo”, dirixidos a alumnado de 2º de primaria

O Concello de Carballo, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, reafirma a súa aposta pola mediación cultural e o fomento do galego entre a rapazada co lanzamento de “Poetizando en Carballo 2026”, unciclo de obradoiros de poesía que levará a creación literaria directamente ás aulas e que converterá a palabra en protagonista do xogo […]
Carballo reforza os servizos no litoral para unha Semana Santa de excelencia

Coa Semana Santa á volta da esquina, Carballo está a facer os deberes para que quen se achegue á costa atope unhas praias seguras, cómodas e, sobre todo, nun estado ambiental impecable. Nos últimos días, os esforzos municipais céntranse en garantir que todas as infraestruturas e prestacións estean plenamente operativas. Os operarios traballan na revisión […]
Carballo convértese no epicentro da danza contemporánea en Galicia coa celebración dos 24 anos de Primavera enDanza

O ciclo Primavera enDanza regresa ao Pazo da Cultura de Carballo do 17 ao 30 de abril cunha nova edición que reafirma a súa posición como unha das citas culturais máis destacadas da danza contemporánea en Galicia. Con 24 anos de traxectoria, este programa impulsado pola Concellaría de Cultura do Concello de Carballo continúa apostando […]
Carballo impulsa novos investimentos industriais e reforza o seu apoio ao tecido empresarial no polígono de Bértoa

A Xunta de Goberno Local do Concello de Carballo, presidida polo alcalde, Daniel Pérez López, mantivo esta mañá unha sesión ordinaria na que se adoptaron acordos relacionados co dinamismo económico, o urbanismo e o deporte no municipio. O goberno local reafirmou o seu compromiso co crecemento industrial de Carballo mediante a concesión dunha licenza de […]
Carballo abre o novo parque infantil do Chorís, coa réplica do depósito de auga como gran icona

O Concello de Carballo deu hoxe un paso definitivo na súa estratexia de espazos públicos para a infancia coa apertura do novo Parque do Chorís. Situado nunha zona na que conflúen os usos residencial, educativo e deportivo, este novo espazo non é só unha área de xogo, senón unha homenaxe á arquitectura e á identidade […]
Carballo converterase nun gran parque de xogos para a infancia este venres 20 de marzo

Carballo prepárase para vivir un día cheo de maxia, xogo e descubrimento coa xornada “Carballo para a infancia”, que se celebrará o venres 20 de marzo, aproveitando que é día non lectivo na práctica totalidade dos colexios. Esta proposta está deseñada para que a cativada e as súas familias gocen dunha experiencia única que conecta […]