Aspaber rende homenaxe a Evencio Ferrero “polo seu compromiso social durante 22 anos como alcalde de Carballo”

Aspaber celebrou este venres 17 de outubro un emotivo acto de homenaxe a Evencio Ferrero, alcalde de Carballo durante 22 anos, “en recoñecemento ao seu compromiso social e ao apoio esencial que brindou para o desenvolvemento da entidade ao longo destas dúas décadas”. Foron os usuarios e usuarias de Aspaber, preto de 120 persoas, quen […]
O Concello de Carballo súmase á conmemoración do Día Mundial contra o Cancro de Mama en colaboración coa xunta local da AECC

O Concello de Carballo súmase á conmemoración do Día Mundial contra o Cancro de Mama. Ademais de iluminar de cor rosa a casa do concello, unha das peticións que realiza cada ano a xunta local da Asociación Española contra o Cancro (AECC) para visibilizar a enfermidade, que é a primeira causa de morte por cancro […]
O alcalde visitou as obras da travesía de Sísamo no lugar do Outeiro, onde rematará o proxecto de acondicionamento dos 2.570 metros da vía provincial

O alcalde, Daniel Pérez, e os concelleiros Luis Lamas e Miguel Vales visitaron as obras da travesía de Sísamo, que está xa na súa recta final. Os traballos concéntrase no lugar do Outeiro, onde rematará o proxecto de acondicionamento dos 2.570 metros de vía que unen ese punto coa vila de Carballo. A terceira e […]
Un gran carballo de seis metros de alto é a peza central do novo parque infantil da Praza do Outeiro, que introduce outro elemento simbólico na paisaxe urbana

Despois da excelente acollida que tivo o parque temático dedicado ao trolebús no Rego da Balsa, xa estamos preparando a próxima estrea, porque o novo espazo de xogos da Praza do Outeiro está moi avanzado e moi pronto estará a disposición da rapazada. Neste segundo proxecto de Carballo para a infancia, o elemento central é […]
Evencio Ferrero regresa á Alcaldía convidado por Danie Pérez para asinar no Libro de Honra do Concello de Carballo

O alcalde de Carballo, Daniel Pérez, recibiu ao seu antecesor no cargo para convidalo a asinar no Libro de Honra, como é costume. Evencio Ferrero completou a súa despedida da Alcaldía con esta mensaxe: “Con este agasallo dos traballadores/as do concello (en alusión ao bolígrafo) asino, con moita honra, neste documento vivo da nosa historia […]
Pedro José Cancela González toma posesión como inspector en prácticas da Policía Local

Pedro José Cancela González, ata agora oficial e xefe da Policía Local, tomou posesión este martes como inspector en prácticas. Por diante ten varias semanas de formación na Academia Galega de Seguridade Pública antes de incorporarse ao Concello de Carballo como funcionario de carreira no posto de inspector da Policía Local. Pedro Cancela estivo acompañado […]