Carballo inaugura a exposición “Que pasaría se non existisen as entidades sociais?” para visibilizar o importante papel que desenvolven

Renderlles homenaxe e dar a coñecer a pegada profunda que as entidades sociais deixan no día a día da nosa contorna é o obxectivo da exposición inaugurada hoxe na Praza do Concello, no marco do II Feirón en rede – Carballo solidario, que estaba previsto para este domingo 12 pero que, á vista das previsións […]
Case medio milleiro de persoas participaron nas xornadas de control da saúde no mercado municipal

O Concello de Carballo pechou cunha elevada cifra de participación as xornadas de divulgación e control da hipertensión e a diabetes celebradas no mercado municipal, dentro do plan de dinamización impulsado pola Concellaría de Feiras e Mercados e a asociación de profesionais A Praza. En total achegáronse ata o posto informativo 489 persoas para realizar […]
O Concello de Carballo inviste máis de 900.000 euros na modernización e ampliación das redes de saneamento e abastecemento de auga

O Concello de Carballo continúa coa súa folla de ruta para completar e modernizar os servizos básicos no rural. Nestes momentos están en marcha catro novos proxectos, cun investimento total que supera os 900.000 euros e que permitirá mellorar o saneamento e o abastecemento de auga potable en diversas parroquias. En total, estas intervencións permitirán […]
Atlantic Games Conference regresa os días 10 e 11 de abril como encontro galego de referencia no desenvolvemento de videoxogos

A Atlantic Games Conference celebrará a súa segunda edición os días 10 e 11 de abril de 2026 no Fórum de Carballo (Praza dos Bombeiros Voluntarios). Organizado polo Concello de Carballo, a través das concellarías de Mocidade e Promoción Económica, o evento consolídase como un dos principais puntos de encontro para profesionais do videoxogo en […]
O modelo de Carballo, na mesa redonda sobre vocacións científicas organizada por Pint of Science España para o 17 de abril en Madrid

A democratización do coñecemento e o acceso á ciencia fóra das grandes capitais serán os eixes centrais da mesa redonda Vocacións científicas sen fronteiras: rompendo barreiras sociais e territoriais, organizada desde Pint of Science España, que se celebrará o venres 17 de abril no Círculo de Bellas Artes de Madrid. Entre o panel de expertos […]
O Concello de Carballo afronta o segundo mes da campaña de trampeo de primavera cun esforzo sostido na loita contra a avespa velutina

O Concello de Carballo, a través da empresa responsable do servizo municipal de control de pragas, Plaguiber, e da colaboración cidadá, acaba de completar o primeiro mes da campaña de trampeo de primavera contra a avespa velutina. Este programa, que ten como finalidade a captura de raíñas para evitar a formación de niños primarios, pechou […]