A Aula CeMIT de Carballo aproveita a Semana Santa para impulsar a formación dixital entre as persoas maiores de 18 anos

A Aula CeMIT de Carballo está a desenvolver estes días unha nova programación de cursos de formación dixital coincidindo coas vacacións de Semana Santa, unha proposta da Concellería de Innovación dirixida a persoas maiores de 18 anos que busca achegar coñecementos tecnolóxicos clave dun xeito práctico e accesible. A oferta inclúe contidos de plena actualidade, […]
O mercado municipal de Carballo reparte boliños de Pascua e impulsa xornadas de saúde preventiva dentro do seu plan de dinamización

O Concello de Carballo continúa avanzando no desenvolvemento do Plan de dinamización do mercado municipal cunha nova programación de actividades que combina a promoción dos produtos tradicionais coa sensibilización en materia de saúde. Con motivo da chegada da Pascua, os días martes 31 de marzo e mércores 1 de abril, o mercado municipal acollerá unha […]
O pleno dá os pasos definitivos para que a Deputación desbloquee a reforma da Praza de Vigo e a Xunta acometa a construción do novo Centro Integral de Saúde

O Concello de Carballo celebrará este luns 30 de marzo unha sesión plenaria clave para o desenvolvemento de infraestruturas esenciais. O alcalde, Daniel Pérez, e o concelleiro de Planificación, Juan Seoane, expuxeron hoxe os asuntos que abordará a corporación. Por unha banda, o proxecto de reforma da Praza de Vigo volve a pleno para a […]
Carballo abre as portas ao universo escénico de Xoán Manuel López Eirís nun acto marcado pola emoción, a música e o teatro

Non foi unha inauguración calquera. No primeiro andar da Biblioteca Rego da Balsa respirouse este xoves o aroma dos grandes teatros. O Espazo Xoán Manuel López Eirís abriu as súas portas nun acto que logrou o que o propio mestre facía sobre as táboas: converter o baleiro nunha historia chea de vida. Coa inauguración do […]
O Concello de Carballo adhírese á rede provincial de grupos de conversa “Falarmos… nós”

O Concello de Carballo formalizou hoxe a súa adhesión á campaña de dinamización lingüística Falarmos… nós, unha iniciativa impulsada pola área de Lingua da Deputación da Coruña. O obxectivo principal é crear espazos de uso da lingua baseados na participación e na conversa nun ambiente seguro, próximo e sen presións. O alcalde, Daniel Pérez, e […]
O proxecto “Aprende a través do surfing” consolida a súa vertente cultural e ambiental nas aulas de Carballo neste 2026

O programa educativo Aprende a través do surfing, impulsado no Concello de Carballo pola Concellaría de Promoción Económica e Turismo, inicia unha nova edición nos centros escolares do noso concello, e reafírmase como unha das iniciativas pedagóxicas máis completas de Galicia ao combinar o deporte, a ciencia mariña e a cultura oceánica. Tras o éxito […]