As cinco zonas de baño do litoral carballés obteñen a cualificación de “excelente” na clasificación sanitaria da Xunta de Galicia para o ano 2026

Na costa carballesa hai cinco zonas de baño controladas sanitariamente: Pedra do Sal, Razo (que a efectos de salvamento divídese en tres: Cabreira, Intermedia e Posto), Arnados (que inclúe tamén a Explanada), Ría de Baldaio e Saíñas. Todas acadan a cualificación de excelente, segundo a clasificación sanitaria que vén de remitir a Consellería de Sanidade […]
Tramitadas 45 solicitudes de actividade de vivendas de uso turístico desde a entrada en vigor do rexistro obrigatorio

Dende mediados do ano pasado, todas as vivendas de uso turístico (VUT) teñen que estar inscritas obrigatoriamente nun rexistro para poder aparecer en plataformas e para operar legalmente. Ese requisito legal disparou as solicitudes en toda Galicia, onde se calculaba que máis do 70% das VUT non estaban formalmente rexistradas. No 2025 tamén entrou en […]
No 2025 recolléronse 15.635 quilos de aceite, 1.237 máis que o ano anterior, nos 34 contedores específicos que temos distribuídos polo concello

Dende a entrada en servizo do actual sistema de recollida de aceite de cociña usado, en agosto do 2018, a media mensual supera os 1.000 quilos. No 2025, segundo os datos que vén de facilitar o xestor autorizado que presta o servizo, a veciñanza do noso concello depositou nos colectores específicos un total de 15.635 […]
O Concello rematou a urbanización da parcela para a ampliación do centro de saúde, último paso para que a Xunta de Galicia poida acometer a obra

O Concello de Carballo comeza o ano cos deberes feitos no que se refire á ampliación do centro de saúde. A urbanización da parcela que acollerá o novo edificio xa está rematada, polo que a Xunta de Galicia xa pode acometer as obras de construción. O alcalde, Daniel Pérez, e os concelleiros de Obras e […]
Os Reis Magos agasallan aos usuarios das bibliotecas de Carballo con catro dispositivos de lectura electrónica

Os Reis Magos non quixeron marchar de Carballo sen deixar un agasallo para os usuarios e usuarias das nosas bibliotecas. A partir de agora, ademais de gozar do pracer da lectura cos milleiros de libros que enchen os estantes, tamén poderán levar en préstamo catro dispositivos de lectura electrónica! Melchor, Gaspar e Baltasar contaron coa […]
O Concello investiu 111.000 euros na renovación das pasarelas de acceso aos areais e das varandas de madeira das praias de Razo e Pedra do Sal

O Concello de Carballo vén de realizar un investimento de 111.383,40 euros na renovación das pasarelas de madeira a través das cales se realizan os accesos ás praias de Razo e Pedra do Sal, así coma aos postos de salvamento e socorrismo ou, no primeiro caso, tamén á bibliopraia e ao miradoiro. O proxecto incluíu, […]