O alcalde de Carballo e o presidente da Xunta asinaron un convenio de colaboración para a reurbanización da avenida de Fisterra

O alcalde de Carballo, Daniel Pérez, e o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, asinaron este xoves un convenio de colaboración para acometer as obras de urbanización da avenida de Fisterra. A actuación ten un orzamento de 2 millóns de euros, que serán financiados nun 70% pola Xunta e nun 30% polo Concello, que […]
As obras de aglomerado da estrada do Pereiro Vello a Outón completan o plan anual de pavimentación das vías municipais consideradas estruturais

O Concello de Carballo acometeu este ano cinco importantes proxectos viarios que acadan os dous millóns de euros de investimento. O obxectivo das actuacións é seguir acondicionando as vías consideradas estruturais, ben polo intenso uso que teñen ou ben por unir parroquias, aumentando o ancho da calzada cando é posible e pavimentándoa en todos os […]
Carballo reforza a súa aposta polo colector marrón con novas accións de información e concienciación cidadá a partir do xoves 20 de novembro

Desde o Concello de Carballo queremos adaptarnos aos novos criterios de xestión de residuos que nos indican tanto desde Europa como desde a propia Xunta de Galicia. Case a metade do lixo que producimos nas nosas casas é materia orgánica, e por iso, para cumprir coa lexislación vixente, é moi importante reforzar a nosa aposta […]
O alcalde e o concelleiro de Promoción Económica mantiveron unha xuntanza co director xeral e o subdirector da Cámara de Comercio da Coruña

No marco da comunicación e colaboración que veñen mantendo as dúas institucións, o alcalde, Daniel Pérez, e o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira, veñen de reunirse co director xeral e o subdirector da Cámara da Coruña, Manuel Galdo e Carlos Fernández. Na xuntanza falaron sobre a situación económica xeral, o importante papel que xoga […]
A Xunta de Goberno aproba un novo convenio de colaboración entre o Concello e a asociación Vieiro para a prevención das drogodependencias

A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión ordinaria deste luns a sinatura dun novo convenio entre o Concello de Carballo e a asociación Vieiro para seguir colaborando no ámbito da prevención das adiccións en todos os ámbitos. O acordo tamén inclúe os servizos de información, orientación, asesoramento e atención xurídico-social que presta a entidade […]
A violencia dixital será o eixe temático das actividades organizadas arredor do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres

Acosar á muller usando o móbil, espiarlle o teléfono, censurar as fotos que comparte nas redes sociais ou controlar o que publica, ter acceso á súa xeolocalización, obrigala a que che envíe imaxes íntimas, obrigala a que che facilite as súas claves persoais, enfadarse porque non responda inmediatamente ás mensaxes… Todos estes son exemplos de […]